CONTIDOS MÍNIMOS

Nesta páxina figuran os contidos mínimos relativos a asignatura de 1º e 2º ESO.


Contidos Mínimos 1 ESO


Bloque 1. Contidos comúns:
  • Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a identificación de situacións problema,discusión do seu interese, recoñecemento de hipóteses,experimentación etc., para comprender mellor os fenómenos naturais e resolver os problemas que Presenta o seu estudo.
  • Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e formular suposicións sobre a súa evolución.
  • Emprego de modelos sinxelos que contribúan á interpretación dos fenómenos.
  • Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da información para seleccionar información sobre a natureza.
  • Identificación de datos e feitos científicos sobre a natureza e utilización desa información para coñecela.
  • Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e a súa evolución histórica para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais.
  • Utilización coidadosa dos materiais e instrumentos básicos da experimentación e coñecemento das medidas de seguridade.
Bloque 2. A Terra no Universo.

O Universo e o sistema solar.:
  • Identificación dos elementos do sistema solar.
  • Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta. A súa orixe.
  • Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as estacións, as fases lunares e as eclipses.
  • Uso de técnicas sinxelas de orientación baseadas na observación dos astros.

A materia no Universo:
  • Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa e indirectamente as propiedades xerais da materia en diferentes estados.
  • Identificación dos cambios de estado. Determinación experimental das temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura. Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de estado.
  • Diferenciación macroscópica entre mesturas heteroxéneas e homoxéneas. Preparación de disolucións da vida cotiá e identificación cualitativa dos seus compoñentes.
  • Procura de información e comparación entre a composición de materiais de interese e a súa utilización na vida cotiá.
  • Utilización experimental dalgunhas técnicas sinxelas de separación de substancias en mesturas.

Bloque 3. A vida na Terra: os seres vivos:

Os seres vivos e a súa diversidade
  • Identificación dos requisitos necesarios para a vida.
  • Descrición das características que definen os seres vivos: as funcións vitais.
  • Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares e utilización da lupa para proceder á súa observación.
  • Recoñecemento da biodiversidade e a clasificación dos seres vivos nos cinco reinos.
  • Observacións de organismos característicos de cada un dos reinos prestando especial atención aos principais grupos do reino vexetal e animal.
  • Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como un patrimonio natural.

Bloque 4. Materiais terrestres: atmósfera, hidrosfera e xeosfera.
  • Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico establecendo a relación entre tempo e clima.
  • Uso de instrumentos para medir variables ambientais (temperatura, presión atmosférica, humidade do aire, dirección do vento).
  • Identificación dos compoñentes da atmósfera e as súas propiedades.
  • Breve aproximación descritiva á estrutura vertical da atmósfera.
  • Recoñecemento do seu papel protector e a súa relación cos seres vivos.
  • Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera e repercusións na saúde das persoas.
  • Recoñecemento do importante papel da auga no clima,así como na paisaxe e nos seres vivos.
  • O ciclo da auga, o seu percorrido na natureza e a súa incidencia no medio. Análise da intervención humana nese ciclo.
  • Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da auga.
  • Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais que as compoñen; posterior observación e identificación.

Contidos Mínimos 2 ESO


Bloque 1. Contidos comúns.
  • Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a proposta de problemas, discusión do seu interese, aproximación á formulación de hipóteses, experimentación, comunicación dos resultados en diferentes formatos, etc., para comprender mellor os fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo.
  • Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e comprobar suposicións sobre a súa evolución.
  • Emprego de modelos sinxelos para interpretar os fenómenos e identificar as relacións entre conceptos.
  • Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da comunicación e da información para obter información sobre os fenómenos naturais, no tratamento de datos e interpretación gráfica, na visualización de modelos explicativos, na busca de relación entre variables e na comunicación de resultados e conclusións.
  • Interpretación de información de carácter científico e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
  • Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e da súa evolución histórica, para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais.
  • Utilización correcta dos materiais e instrumentos experimentais e respecto polas normas de seguridade

Bloque 2. Materia e enerxía.

A enerxía nos sistemas materiais
  • Recoñecemento da intervención da enerxía en diferentes situacións cotiás como movementos, deformacións, variacións da temperatura,cambios de estado, etc. Aproximación ao concepto de enerxía e á súa relación cos cambios.
  • Utilización de criterios para clasificar as diferentes fontes de enerxía. Valoración, desde opunto de vista ambiental, do emprego de fontes de enerxía renovablese non renovables.
  • Valoración do uso da enerxía na sociedade. Problemas asociados á intervención humana sobre o ambiente. Busca de información e valoración de medidas tanto individuais como colectivas de eficiencia e aforro enerxético a curto, medio e longo prazo.
  • Transferencia de enerxía: o traballo, a calor e a radiación.
  • Recoñecemento de situacións e realización de experiencias elementais en que se manifesten os efectos da transferencia de enerxía entre os sistemas.
  • Identificación do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía en situacións sinxelas. Valoración das máquinas de uso cotián. Recoñecemento do seu papel no desenvolvemento económico e social.
  • Realización de experiencias onde o mecanismo de transferencia de enerxía sexa a calor. Uso do termómetro para medir temperaturas. Diferenciación entre calor e temperatura.
  • Observación e comprobación experimental das formas de propagación da calor. Procura, selección e contraste de información sobre as aplicacións cotiás dos materiais illantes e condutores.
  • Análise dos procesos de xeración de enerxía a partir de diferentes fontes, do transporte e do consumo de enerxía en Galicia. Valoración das repercusións ambientais.
  • Identificación da luz e do son como mecanismos de transferencia de enerxía.
  • Relación entre a luz e a visión. Estudo cualitativo da descomposición da luz branca.
  • Realización de experiencias de propagación e reflexión do son. Relación entre o son e a audición.

Bloque 3. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía interna da Terra.
  • Recoñecemento das diferentes manifestacións da enerxía interna da terra: volcáns, terremotos, pregamentos, fallas e formación de montañas.
  • Procura de noticias de xornais relacionadas coas manifestacións desa enerxía interna e análise das súas repercusións segundo o grao de desenvolvemento do país.

Bloque 4. A vida en acción: as funcións vitais.
  • Identificación da célula como unidade básica dos seres vivos e observación ao microscopio apreciando a súa diversidade.
  • Caracterización das función de nutrición como un intercambio de materia e enerxía co ambiente.
  • Diferenciación dos dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa.
  • >Descripción e comparación dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación.
  • Valoración da importancia da fotosíntese para a vida na Terra.
  • Caracterización e comparación da reprodución sexual e asexual e do seu significado desde o punto de vista da súa variabilidade.
  • Recoñecemento das funcións de relación: percepción, coordinación e resposta (movemento).

Bloque 5. Ambiente: o ambiente natural.
  • Identificación dos compoñentes dun ecosistema, medio abiótico e comunidade e recoñecemento da influencia dos factores abióticos e bióticos nos ecosistemas.
  • Recoñecer o papel dos organismos produtores, e consumidores e descompoñedores no ecosistema e a relación coa reciclaxe da materia e o fluxo de enerxía.
  • Aproximación aos conceptos de ecosistema e biosfera. Coñecemento da variedade de ecosistemas (biodiversidade) e a súa organización en biomas.
  • Utilización de técnicas de campo para o estudo de dous ecosistemas galegos, acuático e terrestre: ecosistema litoral, de xunqueira, de bosque, de río...
  • Coñecemento dalgún espazo protexido en Galicia.

No hay comentarios :

Publicar un comentario